MEMORIAL MANUEL TOSAR FERRO

Esta sección está adicada ao noso socio fundador, falecido no ano 1998, Manuel Tosar Ferro. A directiva presidida por Daniel Vidal no ano 1998 decidiu instaurar a partir de entón o memorial que leva o nome de tan ilustre seguidor da Lama Sociedade Deportiva.

HOMENAXE A TOSAR

Foi uns meses antes de falecer cando a directiva presidida por Daniel creu conveniente facerlle en vida un merecido homenaxe a tan ilustre afeccionado, forófo e fundador da Lama S.D., Don Manuel Tosar Ferro.

O motivo eran os 19 anos de existencia do noso clube fundado por Jesús Gomez e Manuel Tosar, pero na realidade era un claro e dirixido tributo a éste último. Xunto coa súa primeira directiva ao completo, (na actualidade iso non é posible pola falta de tres déles) o clube rindeu homenaxe á tan louvada dedicación que Tosar sempre adoitou ter coa Lama S.D.

Procedeuse á descuberta dunha praca na que reza a composición da 1ª directiva, xunto cos seus fundadores e a súa data.

 

 

A continuación e no centro do campo fixeron o saque de honra os protagonistas do día, onde recibiron unha praca de recoñecemento á súa meritoria labor de iniciar este clube.

Tres meses despois Tosar deixounos e este acto convertiuse na mellor despedida que podía ter o noso querido "practicante" (apodo co que se lle coñecía pola seu oficio).

FOTOS CONSERVADAS DAS EDICIÓNS DO MEMORIAL

III EDICIÓN. Ano 2001

IV EDICIÓN. Ano 2002

XIV EDICIÓN. Ano 2013

XV EDICIÓN. Ano 2014

A XV edición do Memorial Manuel Tosar quedou en Racelo. A Lama S.D. impúxose á U.D.C. Vilaboa por 3-0, con goles de Chota e Javi Fraguas de penalti no 1º tempo, e Cho sentenciou na 2ª parte a victoria local.