Esta sección está adicada ao noso socio fundador, falecido no ano 1998, Manuel Tosar Ferro. A directiva presidida por Daniel Vidal no ano 1998 decidiu instaurar a partir de entón o memorial que leva o nome de tan ilustre seguidor da Lama Sociedade Deportiva.
Foi uns meses antes de falecer cando a directiva presidida por Daniel creu conveniente facerlle en vida un merecido homenaxe a tan ilustre afeccionado, forófo e fundador da Lama S.D., Don Manuel Tosar Ferro.
O motivo eran os 19 anos de existencia do noso clube fundado por Jesús Gomez e Manuel Tosar, pero na realidade era un claro e dirixido tributo a éste último. Xunto coa súa primeira directiva ao completo, (na actualidade iso non é posible pola falta de varios dos seus membros) o clube rindeu homenaxe á tan louvada dedicación que Tosar sempre adoitou ter coa Lama S.D.
Procedeuse á descuberta dunha praca na que reza a composición da 1ª directiva, xunto cos seus fundadores e a súa data.
Tres meses despois Tosar deixounos e este acto convertiuse na mellor despedida que podía ter o noso querido "practicante" (apodo co que se lle coñecía pola seu oficio).