¿QUERES CONTRATAR UNHA VALLA PUBLICITARIA EN RACELO?
Se tes un negocio ou empresa e queres colaborar coa Lama S.D. podes anunciarte no noso campo contratando un espazo publicitario. As medidas da valla son de 3 m. de longo x 1,20 de ancho,
en vinilo e sobre chapa de aluminio lacada en branco.
Os prezos serían de 80€ o primeiro ano (polo custo adicional da chapa), e logo 60€ cada ano seguinte.
O prezo varía se vai colocado nun espazo preferente como é a grada cuberta. Neste lugar o prezo sería de 120€ o primeiro ano e despois 100€ cada ano.
Ademais de ter a túa empresa ou negocio anunciada no campo, A Lama S.D. tamén incluirá, sen custe adicional algún, o teu anuncio nesta web.
¿Queres facerte socio?
Estas son as cotas do noso clube:
Homes: 25€
Mulleres: 15€
Xuveníl (16 a 18 anos): 15€
Infantíl (de 5 a 15 anos):10€
Baby (menores de 5 anos):5€
Se estás interesado en facerte socio da Lama S.D. dáte de alta en Racelo nos días de partido, ou poñendote en contacto por e-mail en alamasd@hotmail.com, ou con calquera directivo.