Actualidade

Eventos

I TORNEO ALEVÍN CONCELLO DA LAMA

O equipo da AJ Lérez proclamouse vencedor do 1º Torneo de Fútbol alevín celebrado en Racelo. En 2º lugar quedou o Marcón Atl., sendo 3º o Salgueiriños C.F. e 4º a A.C.D. A Seca. Noraboa aos campións e grazas a tódolos clubes participantes desta 1ª edición pola súa presenza nas nosas instalacións de Racelo.
Desde A Lama S.D. queremos agradecerlle a Fran a súa implicación e dedicación para que este torneo se celebrase, así como aos nosos xogadores Victor, Gabri e Javi Fraguas nas súas labores como árbitros dos partidos.
Esperamos poder seguir celebrando mais torneos destas categorías de fútbol base en Racelo. Ata a próxima!!!

Rematou o campionato e temos novo campión, COSERGO de Pontevedra impúxose a Torechos F7 na final cun resultado de 3-2.
Anteriormente o 3º e 4º posto disputárono Os Amigos e Cernedo, os dous equipos da Lama, con victoria para os segundos quedando así en 3º posto, e os perdedores en 4º lugar.

II TORNEO DE FÚTBOL -7 CONCELLO DA LAMA

Imaxes dos equipos participantes, de partidos e do ambiente en Racelo